Redes
Consorcio formado por seis grupos das tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia, co propósito de impulsar o coñecemento educativo socialmente orientado e susceptible de ser transferido a centros educativos e comunidades.
Na nosa sociedade, o tabaquismo, a mala alimentación, a falta de exercicio físico e o consumo de alcohol constitúen algúns dos principais factores de risco para a saúde. Estes inflúen tanto na mortalidade como nos anos de vida con discapacidade. Modificar a contorna na que se desenvolven estas condutas é a estratexia máis eficaz. A medicina, a psicoloxía e a educación son claves para identificar, adoptar e modificar hábitos saudables.
Rede Internacional de Doutoramento en Educación, Saúde e Innovación
Ten como propósito central fomentar e compartir o coñecemento, a investigación e a innovación educativa entre os seus membros, abranguendo unha ampla variedade de disciplinas mediante un enfoque transversal.